Inicio Top Música Bad Bunny Música Cristiana Taylor Swift Ed Sheeran Luis Fonsi Ozuna Daddy Yankee J Balvin Maluma DMCA

Letra de la Canción "E Na Novena Onda Caeron Os Deuses" de Mileth | BooMusica 2026

Varios-artistas

10s Dance

Varios-artistas

Electrolatino

Varios-artistas

Un Sonido Relajante Y Rapido

Varios-artistas

Vamos a la playa

Artist profile picture

E Na Novena Onda Caeron Os Deuses

Mileth

Arriba ao teu lar
Compás é teu sangrar
Vermello o rumbo do remar.
Quebrará Nuadha nos cantos crueis.
A lanza de Lug,eclipsada é
Loitan os remos nas bravas augas
Mitos que emigran pola vinganza
Irmáns da dor bátense en ira
Quebra a arcana Galicia.

Enigma sen horizonte, ilumínate a lúa.
Guíante os mortos cara unha terra núa
Invoca á nova nai baixo tres caras:
Eiru, Fodla, Banba!
Ousados fillos de Mil,
Inis Ealga invocan para si.
Rapsodia de Aimergin:
Na novena onda voltará Ith.

Na pedra de Fál
Novos reis,
Do Caldeiro de Dagda
Brotará hidromel
Crisol de palabras sen batalla
Naufraga o trance da vinganza
Nove ondas verdes, nove augas,
No seu útero morre Dana

Ventos fronte o forzado xerminar,
Invocan dagas sobre os reis de Temair
Seducida dama, deixa penetrar
Eremon, Eber, no húmido lar
Ousados fillos de Mil,
Inis Ealga invocan para si.
Rapsodia de Aimergin:
Na novena onda voltará Ith.

Quen limpa o pétreo altar?
Quen onde se pon o sol?
Quen é salmón nas montañas?
Quen é valoroso boi?
Quebra a espada de Nuadha
Sobre os nosos cantos crueis
Lug non sacia ao astro sol
Novo Ogham para os Gaels

Quen dá nome as montañas?
Quen mora súas entrañas?
Que bardo vitorias canta?
Que sátiro poemas cala?
A pedra de Fál berra
O nome dos novos reis.
Do Caldeiro de Dagda
Brota a feixe o hidromel

Lai, la, la, la, ra,
Lai, la, la, la, ra,
Lai, la, la, la, ra,
La, ra, la, ra, lai
Cantos ao Norte,
Envólvenme as augas da morte,
Penetran en min as espadas,
Esquecendo a vosa Brigantia
Na novena onda

Lai, la, la, la, ra,
Lai, la, la, la, ra,
Lai, la, la, la, ra,
La, ra, la, ra, lai.

No se encontró el video para "E Na Novena Onda Caeron Os Deuses Mileth".
Inicio Top Música Bad Bunny Música Cristiana Taylor Swift Ed Sheeran Luis Fonsi Ozuna Daddy Yankee J Balvin Maluma DMCA